Seminario de Planificación Empresarial con Perspectiva de Xénero

Uniemprende e Woman Emprende organizamos o primeiro Seminario de Planificación Empresarial con Perspectiva de Xénero, que se celebrará dende o 21 de outubro ao 8 de novembro no Edificio Emprendia.
Co obxectivo de apoiar o emprendemento feminino, diriximos esta acción formativa únicamente ás mulleres que teñan unha idea ou proxecto empresarial, e que precisen axuda para poñelo en práctica.

O curso, cuxa matrícula é gratuita, e que terá unha duración de 32 horas, componse de sesións teóricas e prácticas, ademáis de dúas titorías persoalizadas por proxecto.

Este seminario é unha acción seleccionada no marco dun programa operativo cofinanciado polo FSE coa colaboración da Xunta de Galicia.

 

» Ficha de Inscrición

» Máis información (pdf)

Curso on-line "Do coñecemento ao mercado: Metodoloxía para o desenvolvemento dun plan de empresa con perspectiva de xénero" - II Edición

Con motivo do éxito acadado na celebración da I EDICIÓN do curso "Do coñecemento ao mercado: Metodoloxía para o desenvolvemento dun plan de empresa con perspectiva de xénero", o Programa Uniemprende organiza a II EDICIÓN deste curso on-line gratuito, financiado polo Instituto de la Mujer dentro do proxecto Innovatia 8.3.

Terá unha duración de 45 horas e celebrarase a través da nosa plataforma e-learning entre o 1 e o 27 de octubro de 2013.

O prazo para inscribirse finaliza o 26 de setembro.

No mesmo empregarase unha ordenada metodoloxía de traballo, que propiciou diversos casos de éxito na transferencia de resultados de investigación ao mercado mediante a creación de spin-off, buscando a rentabilidade económica e social e a incorporación da perspectiva de xénero en todo o proceso..

» Máis información

» Formulario de inscrición

Curso on-line "Do coñecemento ao mercado: Metodoloxía para o desenvolvemento dun plan de empresa con perspectiva de xénero"

Uniemprende organiza un curso on-line gratuito, financiado polo Instituto de la Mujer dentro do proxecto Innovatia 8.3.,  baixo o lema: "Do coñecemento ao mercado: Metodoloxía para o desenvolvemento dun plan de empresa con perspectiva de xénero".

Terá unha duración de 40 horas e celebrarase a través da nosa plataforma e-learning entre o 1 e o 24 de xullo de 2013.

O plazo para inscribirse e ata o 27 de xuño

No mesmo empregarase unha ordenada metodoloxía de traballo, que propiciou diversos casos de éxito na transferencia de resultados de investigación ao mercado mediante a creación de spin-off, buscando a rentabilidade económica e social e a incorporación da perspectiva de xénero en todo o proceso. 

Mais información

Formulario de inscrición

II EDICIÓN DO CURSO ON-LINE FINANCIAMENTO DE EMPRESAS DE BASE TECNOLÓXICA

O Programa Uniemprende, de Creación de Empresas da Universidade de Santiago, con motivo do éxito acadado na celebración da I Edición do Curso Financiamento de Empresas de Base Tecnolóxica, acaba de convocar unha II edición para dar resposta as solicitudes recibidas das persoas interesadas en participar. 

Nos derradeiros anos a creación de Empresas de Base Tecnolóxica adquiriu unha gran importancia como unha opción interesante de transferencia de tecnoloxía dende os centros de investigación á sociedade, así como unha alternativa laboral para moitos investigadores e titulados universitarios, os cales atopan, desta maneira, unha saída profesional atractiva. Neste curso analizaranse as principais características das empresas de base tecnolóxica, coas súas vantaxes e problemáticas máis habituais.
O financiamento deste tipo de compañías pasa por canles distintas aos instrumentos habituais de financiamento bancario. Son business angels e sociedades de capital risco as que asumen boa parte da financiación inicial deste tipo de entidades. É por elo que, durante esta acción formativa, contemplaremos os mecanismos de actuación destes axentes investidores, así como os pasos necesarios para a elaboración dun correcto plan de empresa, fundamental en todo proceso de búsqueda de financiamento.

Mais información

 

Rematou o Seminario Gratuito de Planificación Empresarial: Construcción e avaliación de modelos de negocio

O Programa de Creación de Empresas da Universidade de Santiago de Compostela (Uniemprende) organizou, en colaboración co IGAPE, un Seminario Gratuito de Planificación Empresarial. Dou comezo o pasado 10 de abril e no mesmo facilitóuselles as persoas asistentes a metodoloxía e as ferramentas necesarias para o desenvolvemento dun plan de empresa. 

Levouse a cabo ao longo de cinco sesións formativas de 3 horas de duración cada unha, mais duas titorías de apoio e asesoramento individualizado a cada proxecto participante.

Celebrouse na Aula de Formación do Edificio Emprendia  e contou con mais de 40 persoas participantes. A gran maioría puido rematar e/ou perfeccionar o seu plan de Empresa, coa axuda de personal experto especializado, para presentarse a XIII Edición do Concurso de Proxectos Innovadores da USC.

Mais información

Terminou o prazo para presentarse a XIII Edición Concurso Proxectos Empresariais Innovadores da USC

 

O Programa de Creación de Empresas da Universidade de Santiago de Compostela Uniemprende, convocou o pasado mes de marzo o XIII Concurso de Proxectos Empresariais Innovadores da USC,  poñendo a disposición de todas as persoas interesadas formación gratutita para elaborar o plan de empresa.

O obxecto do concurso, que se celebra ano tras ano, é impulsar a creación de empresas innovadoras promovidas por estudantes, licenciados e licenciadas ou investigadores e investigadoras, así como a innovación empresarial e a xeración de emprego.

O prazo de presentación dos mesmos estivo comprendido entre o 15 de marzo e o 15 de maio de 2013.

Os premios que se outorgarán, serán os seguintes: 

  • BASE TECNOLÓXICA: 2.000 euros + ata 24.000 € de financiamento mediante préstamo participativo
  • EMPRESA XOVE: 2.000 euros
  • MULLER EMPRENDEDORA: 2.000 euros

Nestos intres, atopámonos en fase de avaliación dos proxectos presentados, para decisión por parte dun xurado experto dos gañadores que accederán aos premios contemplados no parágrafo anterior. 

 

Bases da convocatoria da XIII Edición do Concurso de Proxectos Innovadores da USC

Uniemprende ofrece a posibilidade de participar da cultura emprendedora a través do programa "ECO-UNIEMPRENDE"

ecoUniemprende.png

 

A través de Eco-Uniemprende queremos transmitir os nosos coñecementos, na área de apoio ó emprendemento, ó persoal técnico doutros programas de España, Portugal e América Latina, así como asesorarlles no desenvolvemento do seu propio ecosistema emprendedor.

Poderá beneficiarse do know-how do persoal de Uniemprende a través de distintas modalidades e coñecer de primeira mán todos os servizos prestados polo Programa de Creación de Empresas da Universidade de Santiago de Compostela.

Pulse aquí para máis información