Entrega de premios: XVI CONCURSO DE PROXECTOS EMPRESARIAIS INNOVADORES DA USC

 

O pasado 22 de novembro fíxose entrega dos premios do XVI Concurso de Proxectos Empresariais Innovadores da USC.

Empresa EBT.  Dotado con 2.000 euros, o premio destinado a empresas coa cualificación de Empresa de Base Tecnolóxica (EBT) da USC recaeu en HGBeyond Materials Science, spin-off que centra a súa actividade na ciencia de materiais, especializada en tecnoloxía de hidroxeles. 

Proxectos EBT. Na cate

goría de proxectos EBT outorgaranse idénticos premios de 2.000 euros a Biorecovery e Pharmatox-Lab

No primeiro caso o proxecto propón unha empresa enfocada á reciclaxe e valorización de subprodutos das industrias

 agroalimentarias. A curto plazo o seu obxectivo é a transformación de sangue dos matadoiros, que constitúe un residuo perigoso, en fariña de sangue, un composto inocuo con aplicación na elaboración de fertilizantes para agricultura, tanto convencional como ecolóxica. No caso de Pharmatox-Lab, o proxecto baséase na oferta de análises toxicolóxicas específicas non cubertas actualmente polos laboratorios existentes no mercado. Estas análises inclúen a determinación de drogas e fármacos nas mostras biolóxicas clásicas como son sangue ou ouriños, pero tamén en mostras alternativas, que proporcionan solucións a problemas non resoltos coa análise das mostras clásicas (detección do consumo nos meses previos a toma da mostra como o cabelo, obtención de mostras non cruentas que non requiren persoal médico especializado como a saliva, ou identificación da exposición fetal a drogas como o meconio).

Proxecto Empresarial Start-Up. A partir dun

ha motivación persoal de dous dos seus co fundadores, con persoas enfermas d

e Alzheimer no seu fogar, xorde E-Wear Technologies que pretende axudar ao hipotético usuario proporcionando seguridade e independencia a persoas maiores dependentes e que foi recoñecida co premio ao mellor proxecto empresarial Start-Up e unha premio metálico de 2.000 euros. O proxecto aspira a levar ao mercado un reloxo asistente para persoas maiores, que envía alarmas de cando teñen que tomar a medicación e permite avisar á familia ou servizos de emerxencias en caso de necesidade.

Muller Emprendedora. AYeconomics Research Centre, premio na modalidade ‘Muller Emprendedora’ dotado con 2.000 euros, é unha spin-off especializada en investigación de calidade e recomendación de políticas derivadas da mesma en temas socioeconómicos. Conta con metodoloxías innovadoras que permite realizar análises de impacto con escaseza de información (PATH-RAS) e análises espaciais (EVAL-SET). Ademais do mercado galego, ten como mercado obxectivo o de Asia Central onde xa ten un acordo co Banco Central de Tajiquistán no desenvolvemento dun proxecto para o deseño de políticas que incrementen o emprego feminino no rural.

Promoción da lingua galega. A proposta gañadora, cunha dotación de 1.000 euros, é Coeduca, a primeira entidade especializada en coeducación de España que implanta plans de igualdade con metodoloxía finlandesa para centros escolares, administracións públicas e entidades que queiran promover unha sociedade máis igualitaria entre mulleres e homes. O proxecto social nace coa intención de previr a violencia de xénero dende a educación en igualdade e co obxectivo de implantar a primeira rede de centros co educativos de Galicia e a primeira de España da formación profesional.