Benvido / a

A Universidade de Santiago de Compostela promove a través do Programa UNIEMPRENDE o seu compromiso  co desenvolvemento socioeconómico da sociedade.

UNIEMPRENDE apoia decididamente a toda a comunidade universitaria.

A nosa misión é crear tecido empresarial dentro do emprendimiento integral responsable, que non só abarca as empresas de base tecnolóxica, senón as que teñen compoñente social e compromiso ambiental.
 

XVI Concurso de Ideas Empresariais Innovadoras da USC

Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento da Universidade de Santiago de Compostela, en colaboración con UNINOVA  convoca un ano máis o “Concurso de Ideas Empresariais Innovadoras da USC”.

Este concurso, que vai dirixido a toda a comunidade universitaria e a todas as áreas de coñecemento da USC, ten por obxecto premiar a aquelas persoas emprendedoras que presenten ideas innovadoras susceptibles de converterse en proxectos empresariais a curto e medio prazo.

O prazo para presentarse a esta XVI edición na que se outorgarán 5 premios de 500 € cada un, finaliza o 6 de maio.

 

Máis información e inscrición:

Bases XVI Concurso de Ideas Empresariais Innovadoras da USC

Formulario de inscrición

 

 

 

 

 

 

 

 

Entrega de premios: XVI CONCURSO DE PROXECTOS EMPRESARIAIS INNOVADORES DA USC

 

O pasado 22 de novembro fíxose entrega dos premios do XVI Concurso de Proxectos Empresariais Innovadores da USC.

Empresa EBT.  Dotado con 2.000 euros, o premio destinado a empresas coa cualificación de Empresa de Base Tecnolóxica (EBT) da USC recaeu en HGBeyond Materials Science, spin-off que centra a súa actividade na ciencia de materiais, especializada en tecnoloxía de hidroxeles. 

Proxectos EBT. Na cate

goría de proxectos EBT outorgaranse idénticos premios de 2.000 euros a Biorecovery e Pharmatox-Lab

No primeiro caso o proxecto propón unha empresa enfocada á reciclaxe e valorización de subprodutos das industrias

 agroalimentarias. A curto plazo o seu obxectivo é a transformación de sangue dos matadoiros, que constitúe un residuo perigoso, en fariña de sangue, un composto inocuo con aplicación na elaboración de fertilizantes para agricultura, tanto convencional como ecolóxica. No caso de Pharmatox-Lab, o proxecto baséase na oferta de análises toxicolóxicas específicas non cubertas actualmente polos laboratorios existentes no mercado. Estas análises inclúen a determinación de drogas e fármacos nas mostras biolóxicas clásicas como son sangue ou ouriños, pero tamén en mostras alternativas, que proporcionan solucións a problemas non resoltos coa análise das mostras clásicas (detección do consumo nos meses previos a toma da mostra como o cabelo, obtención de mostras non cruentas que non requiren persoal médico especializado como a saliva, ou identificación da exposición fetal a drogas como o meconio).

Proxecto Empresarial Start-Up. A partir dun

ha motivación persoal de dous dos seus co fundadores, con persoas enfermas d

e Alzheimer no seu fogar, xorde E-Wear Technologies que pretende axudar ao hipotético usuario proporcionando seguridade e independencia a persoas maiores dependentes e que foi recoñecida co premio ao mellor proxecto empresarial Start-Up e unha premio metálico de 2.000 euros. O proxecto aspira a levar ao mercado un reloxo asistente para persoas maiores, que envía alarmas de cando teñen que tomar a medicación e permite avisar á familia ou servizos de emerxencias en caso de necesidade.

Muller Emprendedora. AYeconomics Research Centre, premio na modalidade ‘Muller Emprendedora’ dotado con 2.000 euros, é unha spin-off especializada en investigación de calidade e recomendación de políticas derivadas da mesma en temas socioeconómicos. Conta con metodoloxías innovadoras que permite realizar análises de impacto con escaseza de información (PATH-RAS) e análises espaciais (EVAL-SET). Ademais do mercado galego, ten como mercado obxectivo o de Asia Central onde xa ten un acordo co Banco Central de Tajiquistán no desenvolvemento dun proxecto para o deseño de políticas que incrementen o emprego feminino no rural.

Promoción da lingua galega. A proposta gañadora, cunha dotación de 1.000 euros, é Coeduca, a primeira entidade especializada en coeducación de España que implanta plans de igualdade con metodoloxía finlandesa para centros escolares, administracións públicas e entidades que queiran promover unha sociedade máis igualitaria entre mulleres e homes. O proxecto social nace coa intención de previr a violencia de xénero dende a educación en igualdade e co obxectivo de implantar a primeira rede de centros co educativos de Galicia e a primeira de España da formación profesional.

 

 

Entrega de premios do XV Concurso de Ideas Empresariais Innovadores da USC

O 20 de xuño de 2016, entregáronse no Paraninfo da Universidade, da Facultade de Xeografía e Historia os premios do XV Concurso de Ideas Empresariais Innovadoras da USC.

Un corrector adaptativo de astigmatismo e un sistema de secado de sangue en matadoiros son dúas das cinco ideas premiadas na décimo quinta edición do Concurso de Ideas Empresariais Innovadoras da USC que convoca Uniemprende. As outras tres, que xa non están baseadas en traballos de grupos de investigación da USC, recoñecidas son un servizo de depuración-reutilización de augas residuais procedentes da acuicultura, unha ferramenta para o fomento da creatividade fóra do contexto escolar e un asistente persoal de persoas con problemas de memoria.

Das 147 ideas aceptadas nesta edición, o 49 % foron presentadas por mulleres e o 51% por homes, na súa meirande parte estudantes. Por áreas de coñecemento, destaca a de ciencias xurídicas e sociais, que agrupa o 50% das ideas presentadas, seguida polas ensinanzas técnicas co 18%, as ciencias experimentais e da saúde cun 12% e finalmente ciencias humanas cun 8%.

A entrega de premios tivo lugar este luns no Paraninfo da Universidade nun acto que presidiu o reitor Juan Viaño e no que tamén participaron o secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro; o director da Área de Competitividade do IGAPE, Norberto Penedo Rey; a secretaria xeral de Emprego, Covandonga Toca Carús; a secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella; e o adxunto ao reitor para Transferencia, Innovación e Emprendemento, José Manuel Cotos Yáñez.

Corrector para astigmatismo
Eva Acosta Plaza e Justo Arines Piferrer, de Óptica e Optometría, observaron que os oculares actuais permiten a corrección da miopía ou hipermetropía pero non do astigmatismo, de maneira que aqueles usuarios con astigmatismo se ven na obriga de usar as súas gafas e perder campo visual e confort ou ver borroso a través do ocular. “Estas son algunhas das queixas fundamentais que manifestan, por exemplo, os astrónomos afeccionados”, explican. Por esa razón propoñen un sistema sinxelo que permite a corrección de astigmatismos de diversa magnitude e eixo, de forma que os astigmatas poderían observar polos oculares de SoL4OpticS sen as súas gafas.

Secado de sangue
Os matadoiros e as industrias cárnicas en xeral xeran durante a súa actividade unha gran cantidade de sangue, un residuo catalogado de perigoso que pode provocar importantes focos de infección ou proliferación microbiana, por exemplo. E se ben a meirande parte do sector ten contratado un servizo de xestión de residuos, o equipo de José Manuel Magide Ameijide e Hiram Varela Rodríguez, da EPS de Lugo, atopou un xeito de revalorizar o sangue in situ nas propias industrias: somételo a un tratamento de secado que garante a súa esterilidade e facilidade de conservación. “Unha vez feita fariña deixa de ser un residuo e ademais presenta diversas opcións de comercialización”, explican os promotores, que á solución ambiental lle engaden a vantaxe do aproveitamento económico nesta idea que xa está moi avanzada e que é obxecto dunha patente.

Solucións acuapónicas
Greenaquaculture é o nome da idea do equipo formado por Silvia Calaza Mosquera, Cristina Balagones Domínguez e Gregorio Rivadeneira Torres e que se basea en dar un servizo de depuración-reutilización de augas residuais procedentes da acuicultura a través de sistemas de cultivo integrado de animais acuáticos e plantas (acuaponía), nos que as bacterias nitrificantes transforman o amonio excretado polos animais, facéndoo asimilable para as plantas que filtran a auga. As promotoras traballan tamén na fabricación de kits acuapónicos para uso doméstico e didáctico “como un xeito máis de promover a sustentabilidade ambiental”.

Creativity Loading, xogo creativo
As psicólogas educativas Noelia Villaverde Rozas e Sara Vidal Núñez idearon Creativity Loading, unha ferramenta para o fomento da creatividade fóra do contexto escolar. Trátase dun xogo de mesa que busca converter o pensamento creativo nun hábito fomentando a fluidez de ideas, a flexibilidade de pensamento, o afrontamento da ambigüidade, a asociación de ideas e a apertura da mente para interpretar puntos de vista diferentes. Os xogadores e xogadoras deberán resolver distintas probas deseñadas para que inciten respostas orixinais e novas de forma que nin se falla nin se acerta, senón que se premia o maior número de ideas.

Memmory assistant
Por último, o estudante da ETSE Ángel Rodríguez Cerdeira propón un asistente persoal de persoas con problemas de memoria co propósito de facilitarlles o día a día. Este asistente estaría integrado nun smartwatch e encargaríase de proporcionarlle ao usuario recordatorios sobre as cousas que ten que facer como, por exemplo, tomar os medicamentos; responder preguntas básicas que se lle realicen ou indicar o camiño de volta a casa.

Curso on-line "COMPRENDE, competencias para o emprendemento das mulleres”

Desde o martes 17 de maio ata o luns 13 de xuño de 2016, celebrarase a través da plataforma virtual de formación do Programa Uniemprende da USC o curso: COMPRENDE, competencias para o emprendemento das mulleres.

Esta acción formativa está dirixida a todas as mulleres universitarias emprendedoras que teñen como obxectivo desenvolver as competencias necesarias para o emprendemento feminino, aumentando a confianza das mulleres participantes e mellorando as posibilidades de éxito no inicio e desenvolvemento dun negocio.

Este curso é de carácter gratuíto, e enmárcase dentro do proxecto INNOVATIA 8.3, froito da colaboración da Universidade de Santiago de Compostela co Instituto da Muller e para a Igualdade de Oportunidades.

 

Podes consultar o programa completo da acción formativa aquí

 

 

XV Concurso de Ideas Empresariais Innovadoras da USC

A Universidade de Santiago de Compostela convocou un ano máis o “Concurso de Ideas  Empresariais Innovadoras da USC”.

Este concurso, estivo dirixido a toda a comunidade universitaria e a todas as áreas de coñecemento de calquera das universidades galegas, tivo  por obxecto premiar a aquelas persoas emprendedoras que presenten ideas innovadoras susceptibles de converterse en proxectos empresariais a curto  e medio prazo.

Nesta XV edición na que outorgáronse 5 premios de 500 € cada un.

 

 

 

 

 

 

 

 

DE LA IDEA A LA EMPRESA. Mis motivaciones para emprender

Do 22 de outubro ao 24 de novembro, celebrarase a través da plataforma virtual de formación do Programa Uniemprende da USC o curso “DE LA IDEA A LA EMPRESA. Mis motivaciones para emprender”.

Esta acción formativa está dirixida a todas aquelas mulleres con vocación emprendedora, pertencentes á comunidade universitaria (PDI, PAS, doctorandas, alumnas e ex alumnas) de calquera universidade española.

Este curso de carácter gratuito, enmárcase dentro do proxecto INNOVATIA 8.3 fruto da colaboración da Universidade de Santiago de Compostela, a través de  Woman Emprende, co Instituto de la Mujer y para la Igualdad de Oportunidades.

Máis información:

Programa

 

II EDICIÓN Emprende Igual: Programa formativo gratuito para profesionais no asesoramento ao emprendemento feminino con enfoque de xénero

Celebrouse a través da plataforma virtual de formación do Programa Uniemprende da USC a II EDICIÓN da acción formativa EMPRENDE IGUAL. A mesma nace ao abrigo da Guía que leva o seu mesmo nome co obxectivo marco de fomentar unha sociedade igualitaria na que mulleres e homes gocen da igualdade real. Estivo especialmente orientada a profesionais no asesoramento ao emprendemento feminino con enfoque de xénero, no ámbito moi particularmente das Oficinas de Transferencia de Resultados de Investigación.

Co fin de alcanzar o equilibrio entre o xénero e o emprendemento empresarial, establécense unha serie de actuacións para incorporar a perspectiva de xénero de forma transversal nos distintos ámbitos, buscando a colaboración das institucións e organismos públicos, empresas e entidades privadas e centrándose especialmente no entorno universitario, xa que as universidades son grandes axentes de dinamización do cambio social.

Este programa enmárcase dentro do proxecto INNOVATIA 8.3 fruto da colaboración da Universidade de Santiago de Compostela, a través de  Woman Emprende, co Instituto de la Mujer y para la Igualdad de Oportunidades.

Accede ao Programa

 

 

 

Entrega premios XV Concurso de Proxectos Empresariais Innovadores da USC

O 17 de xuño de 2015, entregáronse no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome os premios do XV Concurso de Proxectos Empresariais Innovadores da USC, organizado un ano máis por UNIEMPRENDE.

O premio “Promoción da Lingua Galega” foi outorgado a NOSTRACKER, un proxecto de spin-off da Universidade de Santiago de Compostela, que xurdiu do grupo de investigación Novos Medios, da Facultade de Ciencias de Comunicación. Iván Dobarro e Cruz Negreira, promoven este proxecto que se adicará ao desenvolvemento de ferramentas que monitorizan redes sociais, blogs e medios de comunicación para medir e avaliar o contido que publican as e os usuarios sobre as empresas, empregando de forma preferente a lingua galega, ademáis de poñer en marcha campañas específicas sobre tendencias e temas de interese galegos.

A spin-off SITUM TECHNOLOGIES S.L., procedente do grupo de Grupo de Robótica do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información da USC (CITIUS), foi galardoado co premio “Base Tecnolóxica”. O equipo promotor desta empresa composto por Víctor Álvarez, Adrián Canedo e Cristina Gamallo, desenvolveu e actualmente comercializa unha novidosa e innovadora tecnoloxía de localización de smartphones en interiores de grandes edificios, onde a tecnoloxía GPS non funciona.

Co premio “Empresa Xove” foi recoñecida a breve traxectoria da spin-off da Fundación Ramón Domínguez Qubiotech, Health Intelligence, S.L., adicada ao desenvolvemento de novas ferramentas tecno-informáticas de análise de imaxe e xestión da información asociada, para mellorar o diagnóstico, o tratamento e o seguimento médico. Pedro Arenas Barreiro, Pablo Aguiar Fernández e Jesús Silva Rodríguez forman o equipo promotor desta empresa.

ADICA, proxecto de spin-off que xurdiu do grupo de investigación Aspectos evolutivos e intervención psicoeducativa da Universidade de Santiago de Compostela , recibiu o premio “Muller Emprendedora”. O equipo promotor composto por Rosa Mª Rivas Torres, Santiago López Gómez, Mónica González Blanco e María Picos Rubido está a traballar no tratamento dos distintos problemas e dificultades no desenvolvemento e aprendizaxe do alumnado, cun enfoque integral, e incorporará á empresa tamén servizos psicoxerontolóxicos.

EMPRENDE IGUAL: Programa formativo gratuito para profesionais no asesoramento ao emprendemento feminino con enfoque de xénero

Cebrouse a través da plataforma virtual de formación do Programa Uniemprende da USC a acción formativa EMPRENDE IGUAL. A mesma nace ao abrigo da Guía que leva o seu mesmo nome co obxectivo marco de fomentar unha sociedade igualitaria na que mulleres e homes gocen da igualdade real. Está especialmente orientada a profesionais no asesoramento ao emprendemento feminino con enfoque de xénero, no ámbito moi particularmente das Oficinas de Transferencia de Resultados de Investigación

Co fin de alcanzar o equilibrio entre o xénero e o emprendemento empresarial, establécense unha serie de actuacións para incorporar a perspectiva de xénero de forma transversal nos distintos ámbitos, buscando a colaboración das institucións e organismos públicos, empresas e entidades privadas e centrándose especialmente no entorno universitario, xa que as universidades son grandes axentes de dinamización do cambio social.

Este programa enmárcase dentro do proxecto INNOVATIA 8.3 fruto da colaboración da Universidade de Santiago de Compostela, a través de  Woman Emprende, co Instituto de la Mujer y para la Igualdad de Oportunidades. 

Accede ao Programa