Ideario emprendedor
Emprender é unha filosofía de vida. Estos son algúns dos principios:
- Ecoemprendemento defínese como as relacións complexas entre organismos emprendedores coas súas contornas académicas, sociais, políticas e económicas.
- Ecosistema emprendedor é unha acción sistémica que abarca toda a cadea de valor que vai dende os procesos de detección de ideas comercializables ata o financiamento e o seguimento das empresas financiadas.
- Principio de selección natural do Ecoemprendemento: dentro do ecoemprendemento debemos adaptar as morfoloxías das sucesivas iniciativas emprendedoras para perpetuar as cualidades que nos fan máis eficientes na loita polos recursos limitados da nosa contorna.
- A modernización dos sistemas de gobernanza das universidades consíguese mediante a introducción de metodoloxías adecuadas na xestión do coñecemento e na xestión da transferencia de coñecemento e tecnoloxía.
- Misión de UNIEMPRENDE: Crear tecido empresarial e empregos de alta cualificación para ter impacto nas nosas contornas rexionais e internacionais.
Carlos Hernández Sande
Director do Programa UNIEMPRENDE

Director do Programa UNIEMPRENDE



