HEALTH IN CODE, S.L
HEALTH IN CODE é unha compañía biotecnolóxica, creada no ano 2006, especializada no diagnóstico molecular e na xestión do coñecemento médico de cardiopatías hereditarias (miocardiopatía hipertrófica, miocardiopatía dilatada, displasia arritmoxénica de ventrículo dereito, arritmias e morte súbita).
A empresa xurde a partir da investigación desenvolvida conxuntamente entre o Instituto de Ciencias da Salud da Universidade de A Coruña e o Grupo de Medicina Genómica da Universidade de Santiago de Compostela. Tras anos de experiencia clínica e investigación na cardioloxía e na xenética, o equipo promotor adquiriu o coñecemento e o know-how necesario para a creación dunha empresa especializada no diagnóstico xenético molecular de cardiopatías e na interpretación dos resultados xenéticos; o que proporciona ós clínicos a oportunidade de realizar co apoio do diagnóstico xenético unha medicina individualizada.
HEALTH IN CODE ofrece un amplo catálogo de servizos de diagnóstico molecular de gran relevancia para o pronóstico e o tratamento terapéutico no ámbito das miocardiopatías hereditarias:
- Miocardiopatía hipertrófica.
- Miocardiopatía dilatada.
- Miocardiopatía non compacta.
- Displasia arritmogénica do ventrículo dereito.
- Síndrome de Brugada.
- Síndrome de QT-Largo.



