Curso gratuíto para traballadores: Conceptos Básicos de Fiscalidade
O vindeiro día 22 de outubro Uninova organiza, en colaboración co Bic Galicia, o curso "Conceptos Básicos de Fiscalidade".Esta acción formativa totalmente gratuíta está destinada a traballadores en activo, por conta allea ou autónomos e impartirase na aula de formación do Edificio Emprendia (Campus Sur / Estrada de San Lourenzo), en horario de 16.00 a 20.00 horas. Para participar poderedes contactar co teléfono 981563100 Ext. 15593 ou ben vía e-mail monica.suarez@usc.es.
Con este curso pretendese dotar aos asistentes dos coñecementos sobre a fiscalidade dunha actividade empresarial e as figuras impositivas vinculadas á mesma. O programa a seguir será o seguinte:
1. Os Tributos:
1.1 Características
1.2 Elementos
1.3 Liquidación
1.4 Clasificación
2. Imposto sobre a renda das persoas físicas
3. Imposto sobre o valor engadido
4. Imposto sobre sociedades
5. Imposto sobre actividades económicas
6. Imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados


