Curso gratuíto dirixido a traballadores" Produtos Financeiros e Financiación na Peme"

15/10/2009

Os días 10 e 12 de novembro Uninova organiza, en colaboración co Bic Galicia, o curso "Produtos Financeiros e Financiación na Peme".Esta acción formativa totalmente gratuíta está destinada a traballadores en activo, por conta allea ou autónomos e impartirase na aula de formación do Edificio Emprendia (Campus Sur / Estrada de San Lourenzo), en horario de 16.00 a 20.00 horas. Para participar poderedes contactar co teléfono 981563100 Ext. 15593 ou ben vía e-mail monica.suarez@usc.es.
Con este curso preténdese proporcionar aos asistentes as habilidades para afrontar as diversas negociacións coas entidades financeiras de forma construtiva e conseguir un resultado satisfactorio. Exporase a análise de empresas dende a perspectiva das entidades financeiras e o proceso de toma de decisións da mesma.
O programa a seguir será o que se amosa a continuación:
1. Introdución:
-O negocio bancario.
-Estrutura das entidades financeiras. Circuítos de decisión.
-Identificación do interlocutor adecuado.
-A oficina bancaria.
2. ¿Cantos bancos precisa unha empresa?.
-A elección do número de entidades financeiras – diversificación.
-A elección da entidade financeira.
3. Produtos e servizos financeiros para empresas.
4. Produtos de activo.
5. Financiación de circulante (Créditos, préstamos, carteira).
6. Financiación a largo (Préstamo, leasing, financiación a promotores).
7. Comercio exterior. Financiación comercio exterior.
8. Risco de firma. Avales.
9. Produtos de pasivo.
10. Servizos (Cobros e pagos nacionais, recadacións e banca electrónica).
11. A análise do risco nas entidades financeiras:
-Sistemas de análises de empresas utilizados por las entidades financeiras.
-Bases de datos empregadas polas entidades financeiras.
12. Información e documentación básica solicitada polas entidades financeiras.
13. Requisitos para o desenvolvemento dunhas relacións bancarias profesionais.
14. A negociación final.
15. Eu gano ? ti ganas.
16. Os 10 mandamentos do negociador.