A Escola de Negocios Uniemprende (ENU) organiza un curso sobre "Xestión de Conflictos" o vindeiro día 29 de outubro

06/10/2009

Nas organizacións empresariais os conflictos forman parte da nosa vida cotidiana. En función do noso posicionamento ante eles convirtiranse nunha experiencia de aprendizaxe ou nunha ameaza que paraliza ou daña as nosas relacións persoais e profesionais.
Acadar de forma axeitada os obxectivos propostos desenvolvendo a capacidade de relacionarnos competentemente cos demáis, axudaranos a afrontar os conflictos que poidan intervir en calquer relación.
 
A Escola de Negocios Uniemprende (ENU), organiza dentro do marco de actividades formativas programadas para o curso 2009-2010, un curso de "Xestión de Conflictos", que terá lugar o vindeiro día 29 de outubro. Este curso está dirixido a emprendedores, xente de empresa, membros da comunidade universitaria e público en xeral interesado nesta materia.
 
Para máis información:
 
981 56 31 00, ext. 15577

@        enu@usc.es

EDIFICIO EMPRENDIA, Campus Sur Universitario, 15782, Santiago de Compostela