A Escola de Negocios Uniemprende (ENU) organiza o curso "Presentacións eficaces en público" (9 e 10 de novembro)
Falar en público é un dos maiores temores da maioría de persoas, pero só porque descoñecen as técnicas básicas para realizar con éxito unha exposición ante un auditorio.
¿Queres aprender a realizar unha óptima presentación? ¿Queres conectar mellor coa audiencia e convencer a potenciais clientes? ¿Queres incrementar a túa seguridade e confianza en ponencias, reunións ou presentacións?
A Escola de Negocios Uniemprende (ENU), organiza dentro do marco de actividades formativas programadas para o curso 2009-2010, o curso "Presentacións eficaces en público", que terá lugar durante os días 9 e 10 novembro.Este curso está dirixido a emprendedores, xente de empresa, membros da comunidade universitaria e público en xeral interesado nesta materia.
Para máis información:
981 56 31 00, ext. 15577
@ enu@usc.es
EDIFICIO EMPRENDIA, Campus Sur Universitario, 15782, Santiago de Compostela


