Benvido / a

A Universidade de Santiago de Compostela promove a través do Programa UNIEMPRENDE o seu compromiso  co desenvolvemento socioeconómico da sociedade.

UNIEMPRENDE apoia decididamente a toda a comunidade universitaria.

A nosa misión é crear tecido empresarial dentro do emprendimiento integral responsable, que non só abarca as empresas de base tecnolóxica, senón as que teñen compoñente social e compromiso ambiental.
 

 

Seminario Gratuito de Planificación Empresarial: Construcción e avaliación de modelos de negocio

O Programa de Creación de Empresas da Universidade de Santiago de Compostela (Uniemprende) organiza en colaboración co IGAPE un Seminario Gratuito de Planificación Empresarial. Dará comezo o próximo 10 de abril e no mesmo facilitaráselles as persoas asistentes a metodoloxía e as ferramentas necesarias para o desenvolvemento dun plan de empresa. 

Levarase a cabo ao longo de cinco sesións formativas de 3 horas de duración cada unha, mais duas titorías de apoio e asesoramento individualizado a cada proxecto participante.

Celebrarase na Aula de Formación do Edificio Emprendia nas seguintes datas: 

• Mércores 10 de abril
• Venres 12 de abril
• Mércores 17 de abril
• Venres 19 de abril
• Mércores 24 de abril

Ficha de inscrición

Mais información

Ampliación do prazo da XIII Edición Concurso Proxectos Empresariais Innovadores da USC

 

O Programa de Creación de Empresas da Universidade de Santiago de Compostela Uniemprende, convoca o XIII Concurso de Proxectos Empresariais Innovadores da USC, e pon a disposición de todas as persoas interesadas formación gratutita para elaborar o plan de empresa.

O obxecto do concurso é impulsar a creación de empresas innovadoras promovidas por estudantes, licenciados e licenciadas ou investigadores e investigadoras, así como a innovación empresarial e a xeración de emprego.

Prazo de presentación: do 15 de marzo ao 15 de maio de 2013

Premios: 

  • BASE TECNOLÓXICA: 2.000 euros + ata 24.000 € de financiamento mediante préstamo participativo
  • EMPRESA XOVE: 2.000 euros
  • MULLER EMPRENDEDORA: 2.000 euros

 

Para mais información prema aquí

 

Bases da convocatoria da XIII Edición do Concurso de Proxectos Innovadores da USC

Formulario de preinscrición

Uniemprende ofrece a posibilidade de participar da cultura emprendedora a través do programa "ECO-UNIEMPRENDE"

ecoUniemprende.png

 

A través de Eco-Uniemprende queremos transmitir os nosos coñecementos, na área de apoio ó emprendemento, ó persoal técnico doutros programas de España, Portugal e América Latina, así como asesorarlles no desenvolvemento do seu propio ecosistema emprendedor.

Poderá beneficiarse do know-how do persoal de Uniemprende a través de distintas modalidades e coñecer de primeira mán todos os servizos prestados polo Programa de Creación de Empresas da Universidade de Santiago de Compostela.

Pulse aquí para máis información