¿Tes unha idea?
FASES UNIEMPRENDE PARA A CREACIÓN DA TÚA EMPRESA
Todo o proceso a continuación descrito será asesorado permanentemente por Técnicos Especialistas na Creación de Empresas, que acompañarante e guiarante ó longo deste proceso ata a consolidación da túa empresa. Todo isto complementarase con actividades específicas incluidas en UNIEMPRENDE.
1. DEFINICIÓN E CONCRECIÓN DA IDEA
¿Crees que a túa idea é boa?. Compártea connosco. Tras a túa primeira visita ou chamada, o personal de UNIEMPREDE empeza a traballar contigo no teu proxecto de empresa. Para o cal debemos:

- Escoitar a túa idea e asesorarte sobre a túa idoneidade.
- Madurar a idea. O éxito da túa empresa dependerá da súa correcta definición. ¿Que queremos vender e a quen?.
- Estudar a súa potencialidade. Fagamos un “Plan de Empresa” e definamos a súa viabilidade comercial, técnica e financieira.
2. INCUBACIÓN DA EMPRESA
¿O teu proxecto é viable?. Empecemos a traballar.
UNIEMPRENDE pon a túa disposición infraestructura e asesoramento para iniciar as actividades.

- Espazo físico onde situar a túa empresa e servizos necesarios para a súa posta en funcionamiento.
- Acompañamento nas primeiras etapas da túa empresa.
- Asesoramento en xestión empresarial
- Formación especializada en dirección e xestión de empresas.
- Internacionalización e procura de mercados.
3. FINANCIAMENTO
Crear unha empresa supón un esforzo personal e económico considerable. O apoio de UNIEMPRENDE á posta en marcha da túa empresa inclúe o soporte financieiro necesario, a través da participación temporal no capital da empresa.


